A Federación Galega de Ciclismo publicou onte a lista de ciclistas que competirán cas cores da selección galega nos Campionatos de España Junior de Mallorca. Entre os seleccionados figuran tres ciclistas do Farto – Aguas do Paraño: na selección xuvenil feminina foron convocadas Claudia García e Sabela Rey, mentres que na masculina foi chamado Raúl Casalderrey.


O presidente Abel Farto e o Director Xeral Brais Dacal están a facer unha forte aposta pola canteira e afirman que os equipos xuvenís e de escolas terán moita importancia nos vindeiros anos. “Para nós, a selección destes tres xoves talentos é un premio ó traballo da base que facemos”, afirma Dacal.

O campionato nacional feminino disputarase o domingo 6 de setembro ás 9 da mañá, e o masculino o mesmo día as 11 na localidade de Llucmajor.

Foto: Eriz Fraile